

:: O que é Esquio::
Esquío" é unha palabra galega que significa "ardilla", por iso a nosa mascota (que podes ver en riba a direita) é un de estes animaliños.
FOTO: Atopo Internacional Cidade de Ferrol
:: História ::
"Esquío" é un Club de Ximnásia Rítmica situado no Ferrol (A Coruña).O Club foi fundado no ano 1988 e, neste período de tempo logrou satisfacer unha grande demanda de nenas, desde os catro aos dezaoito anos, contribuindo ao aperfeizoamento técnico das que presentan condicións para poder participar e destacar nas competicións oficiais.
Desde fai mais de dez anos, o Club Esquio de Ferrol participa en todos os campeonatos provinciais, nas modalidades Individual e Conxuntos, en todas as categorias de idades.
no mesmo período de tempo participou igualmente en todos os campeonatos galegos, tanto na modalidade Individual, como por Conxuntos, nas mesmas categorias indicadas, ficando clasificados nos primeiros postos.
Tamén nestes anos participou en torneos nacionais, e en case todos os campeonatos nacionais en algunha categoria.
Desde 1995, o Club conta con unha adestradora de orixe rusa, a exgimnasta internacional Irina Boudarina, que está a elevar o nível das ximnastas obtendo grandes resultados.